MORATORIA NO PAGO DAS HIPOTECAS COMO CONSECUENCIA DA CRISE DO COVID-19.

25 Mar MORATORIA NO PAGO DAS HIPOTECAS COMO CONSECUENCIA DA CRISE DO COVID-19.

O Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, prevé que aquelas persoas que se atopen nunha situación d vulnerabilidade económica como consecuencia da emerxencia sanitaria poderán solicitar unha moratoria no pago da débeda hipotecaria.

Prazo

A solicitude desta moratoria deberase realizar no prazo de ate quince días despois do fin da vixencia do Real Decreto-lei.

Hipotecas ás que se aplica

A moratoria poderase solicitar sempre que a débeda hipotecaria sexa para a adquisición da vivenda habitual.

Beneficiarios

Esta moratoria poden solicitala tanto os debedores principais, así como os avalistas ou fiadores hipotecarios.

Requisitos

  • Que o debedor hipotecario pase a estar en situación de desemprego ou, en caso de ser empresario ou profesional, sufra unha perda substancial dos seus ingresos ou unha caída substancial das súas vendas.
  • Que o conxunto dos ingresos dos membros da unidade familiar non supere no mes anterior á solicitude da moratoria:
  1. Con carácter xeral, o límite de tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples mensual  (IPREM), que actualmente ascende a 537,84 euros. Polo tanto, terán dereito as unidades familiares que no mes anterior non superasen a contía de 1.613,52 euros.
  2. Este límite xeral, incrementarse nos seguintes casos:
  • 0,1 veces o IPREM por cada filloa cargo na unidade familiar;
  • 0,15 veces o IPREM por fillo en caso de unidade familiar monoparental;
  • 0,1 veces o IPREM por cada persoa maior de 65 añosmembro da unidade familiar;
  • 4 veces o IPREMen unidades familiares con algún membro con discapacidade superior ao 33 por cento, situación de dependencia ou enfermidade que incapacite acreditadamente de forma permanente para realizar unha actividade laboral;
  • 5 veces o IPREMse o debedor hipotecario é persoa con parálise cerebral, con enfermidade mental, ou con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 por cento, ou persoa con discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65 por cento, así como nos casos de enfermidade grave que incapacite acreditadamente, á persoa ou ao seu coidador, para realizar unha actividade laboral.

 

Adicionalmente requírese que:

  1. A) A cota hipotecaria, máis os gastos e suministros básicos, resulte superior ou igual ao 35% dos ingresosnetos que perciba o conxunto dos membros da unidade familiar.
  2. B) Que, a consecuencia da emerxencia sanitaria, a unidade familiar sufra unha alteración significativa das súas circunstancias económicasen termos de esforzo de acceso á vivenda.

 

Documentación esixida

– Certificado de estar en situación legal de desemprego.

– Certificado de cese en actividade económica (no caso de autónomos).

– Libro de familia  ou documento acreditativo da unión en parella de feito, de ser o caso.

– Certificado de empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda, con referencia ao momento da presentación da  moratoria así como dos últimos seis meses.

– De ser o caso, declaración de discapacidade, de dependencia ou de incapacidade permanente para realizar unha actividade laboral.

– Nota simple do servizo de índices do Rexistro da Propiedade de titularidade de bens dos membros da unidade familiar.

– Escrituras de compravenda da vivenda e de concesión do préstamo con garantía hipotecaria.

– Declaración responsable.

No Comments

Post A Comment

Centro de preferencias de privacidad

Cookies imprescindibles

Se usan para almacenar tus preferencias de privacidad.

gdpr

Cookies de terceros

Usamos cookies de terceros en las que se almacenan externamente para conocer tus usos de navegación.

_ga, _gat, _gid
_ga, _gat, _gid