RECLAMACIÓN DE DANOS E PREXUÍZOS OCASIONADOS POR CORTES NO SUMINISTRO ELÉCTRICO.

07 Feb RECLAMACIÓN DE DANOS E PREXUÍZOS OCASIONADOS POR CORTES NO SUMINISTRO ELÉCTRICO.

O último temporal que abateu con forza gran parte da zona norte da península deixou cuantiosos estragos, entre eles, os danos e prexuízos sufridos polos cortes do suministro eléctrico, que nalgúns casos se prolongaron varios días. Non é pouco frecuente que as compañías deneguen este tipo de reclamacións con base en que o corte de suministro eléctrico foi debido a unha causa de forza maior. Non obstante, cando a falta de suministro se prolonga máis aló de doce horas continuadas, advírtese unha falta de dilixencia previa por parte das suministradoras en canto ó debido mantemento das intalacións e infraestructuras, así como respecto da ausencia de solución nun prazo razoable, o que se traduce na responsabilidade das mesmas.

Eses danos e prexuízos son susceptibles de reclamación tanto fronte á empresa comercializadora como fronte á empresa distribuidora, sendo requisito imprescindible a proba do dano causado. A pregunta é a seguinte, como se proba o dano?

Os danos máis habituais a nivel particular son os relativos ós alimentos que precisan refrixeración, así como os conxelados. Por iso, a fin de que a reclamación chegue a ser satisfactoria, é de gran importancia obter fotografía dos alimentos que quedasen en mal estado como consecuencia da falta de enerxía eléctrica. Non estaría de máis dispor dos tickets ou facturas de compra.

En canto ás empresas e negocios, o dano ocasionado tradúcese na perda sufrida así como no lucro cesante, isto é, o beneficio deixado de percibir entendido en base a unha razoable expectativa. Así, a proba dos danos directos poderase facer valer por medio das facturas de compra de mercancías estragadas, facturas que acrediten o custe de reposición das mesmas; en canto á ganancia deixada de obter poderase acreditar a medio dunha comparativa respecto do último trimestre ou en base ó concreto trimestre do exercicio anterior. Sempre será moi útil unha pericial ó respecto, se ben tamén ocasionará un gasto máis a ter en conta.

Polo demáis, calquera outro dano sobre o que exista proba poderá ser obxecto de reclamación.

O primeiro para obter o resarcimento dos danos é presentar unha reclamación ante o servizo de atención ó cliente da compañía, aportando copia de toda a documentación que poida acreditar os danos ocasionados. A reclamación deberá ser o máis detallada e precisa posible e necesariamente incluirá os seguintes datos: datos persoais do titular, enderezo e número do contrato, ademáis da exposición de feitos e contía obxecto de indemnización.

Tras recibir unha reclamación, as compañías contan cun mes de prazo para revisala e realizar as peritaxes que estimen oportunas co fin de evaluar os danos e así informar por escrito ó cliente sobre a aceptación ou denegación da reclamación.  Transcorrido dito prazo sen obter resposta algunha, procederá a reclamación ante o organismo de consumo da comunidade autónoma ou ben acudir directamente ós Tribunais.

En todo caso, as empresas suministradoras están obrigadas por lei a realizar, de forma automática, descontos na facturación cando o usuario sufra entre 5 e 19 horas de corte de suministro ó ano ou entre 10 e 22 interrupcións anuais, en función da zona na que se atope. Estas compensacións aplicaranse sobre a factura entre xaneiro e marzo do ano seguinte, sen necesidade de interpor ningunha reclamación.

No Comments

Post A Comment

Centro de preferencias de privacidad

Cookies imprescindibles

Se usan para almacenar tus preferencias de privacidad.

gdpr

Cookies de terceros

Usamos cookies de terceros en las que se almacenan externamente para conocer tus usos de navegación.

_ga, _gat, _gid
_ga, _gat, _gid