SABES QUE GASTOS DE FORMALIZACIÓN DA HIPOTECA PODES RECUPERAR?

gastos hipoteca

05 Abr SABES QUE GASTOS DE FORMALIZACIÓN DA HIPOTECA PODES RECUPERAR?

         O Tribunal Supremo, na súa recente sentenza do 28 de febreiro de 2018, unifica a disparidade de criterios existentes nas distintas Audiencias Provinciais sobre a quen lle correspondía asumir o pago do Imposto de Actos Xurídicos Documentados como consecuencia da constitución ou novación dunha hipoteca, se ben á entidade financeira, ou ben ao prestatario. Na devandita resolución os maxistrados estiman en parte os recursos e establecen que pola constitución do préstamo, o pago do imposto incumbe ao prestatario, de acordo coa xurisprudencia constante do propio Supremo, e polo timbre dos documentos notariais, o imposto correspondente á matriz será asumida por partes iguais entre prestamista e prestatario, sendo que o custe das copias será imputable a quen as solicitase.

        Así pois, o único gasto cuestionado  polo Tribunal Supremo foi o relativo ao Imposto de Actos Xurídicos Documentados, pero non se pon en cuestión o resto dos gastos que xa foran declarados nulos polo mesmo Tribunal na súa sentenza de data 23 de decembro de 2016. Polo tanto, é viable a reclamación dos aranceis notariais (entre o 0,1% e o 0,5% da responsabilidade hipotecaria), os gastos de inscrición da hipoteca no Rexistro da Propiedade (aproximadamente o 0,2 % da responsabilidade hipotecaria), os honorarios da xestoría (varían segundo a tarifa de cada axencia), así como os gastos de taxación e os de cancelación da hipoteca.

        Todos estes gastos poden reclamarse por dúas vías: ou ben a través da propia entidade, ou ben ante os xulgados. No primeiro caso, debe interpoñerse unha reclamación formal ante o servizo de atención ao cliente do banco en cuestión. Se este non responde ou denega a solicitude de devolución, pode elevarse a queixa ao Banco de España, aínda que as súas resolucións non teñen carácter vinculante. A outra opción é acudir directamente aos tribunais. Para iso deberá presentarse unha demanda ante o xulgado de cláusulas abusivas da provincia que corresponda. En ámbolos dous casos, será preciso presentar as facturas dos gastos reclamados.

        Convén ter en conta que todos aqueles consumidores que teñen ou tiveran subscrito un préstamo hipotecario poden reclamar os referidos gastos de formalización, tanto se a súa hipoteca está en vigor, como se xa foi cancelada, ou se a vivenda xa fose transmitida, así como se se realizaron novacións sobre o préstamo inicial.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn
No Comments

Post A Comment

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies