OS SEGUROS DE VIDA, SEGUROS MÉDICOS E OS PLANS DE XUBILACIÓN SATISFEITOS POLA EMPRESA, FORMAN PARTE DO SALARIO AOS EFECTOS DE CALCULAR A INDEMNIZACIÓN POR DESPIDO?

27 Jul OS SEGUROS DE VIDA, SEGUROS MÉDICOS E OS PLANS DE XUBILACIÓN SATISFEITOS POLA EMPRESA, FORMAN PARTE DO SALARIO AOS EFECTOS DE CALCULAR A INDEMNIZACIÓN POR DESPIDO?

A resposta é afirmativa. Unha recente sentencia do Tribunal Supremo, de data 3 de maio de 2017, conclúe que son salario todas as percepcións económicas dos traballadores, xa sexan en diñeiro, xa en especie, como consecuencia da prestación de servizos laborais por conta allea. Polo tanto, as correspondentes primas efectuadas pola empresa con motivo dun seguro médico ou de vida a favor do traballador ou as aportacións que esta satisfaga a un plan de xubilación, forman parte do salario aos efectos de calcular a indemnización por despido.

O Tribunal Supremo afirma que a natureza salarial dos seguros queda fora de cuestión dende o momento en que son conceptos aboados como consecuencia da relación laboral e como contrapartida ás obrigas do traballador.

Ate o de agora a cuestión non era pacífica entre os tribunais. O Tribunal Supremo remata así coa controversia e non deixa dúbidas sobre o carácter salarial das primas das pólizas de seguro, as cales deberán computarse a efectos de determinar a indemnización por despido dos traballadores; en caso de que non se teñan en conta o despido poderá ser declarado improcedente.

No caso concreto da referida sentencia do Tribunal Supremo, este pronúnciase sobre un concepto denominado “plan de xubilación”, que non é un plan de pensións. E aínda que o Tribunal Supremo non se pronuncia acerca da natureza dos plans de pensións, atendendo á interpretación expansiva que nesa sentencia se fai do concepto salario, parece que será cuestión de tempo que se declare a natureza salarial de todas as aportacións a plans de previsión social complementaria.

No Comments

Post A Comment

Centro de preferencias de privacidad

Cookies imprescindibles

Se usan para almacenar tus preferencias de privacidad.

gdpr

Cookies de terceros

Usamos cookies de terceros en las que se almacenan externamente para conocer tus usos de navegación.

_ga, _gat, _gid
_ga, _gat, _gid