RETRIBUCIÓNS E INDEMNIZACIÓNS QUE GARANTE O FOGASA.

20 Abr RETRIBUCIÓNS E INDEMNIZACIÓNS QUE GARANTE O FOGASA.

¿Que retribucións e indemnizacións garante o FOGASA?

O Fondo de Garantía Salarial (FOGASA) garante ós traballadores a percepción dos salarios, así como das indemnizacións por despido ou extinción da relación laboral, pendentes de pago a causa de insolvencia ou procedemento concursal do empresario.

¿A que traballadores protexe o FOGASA?

  • Traballadores por conta allea vinculados por relación laboral ordinaria.
  • Deportistas profesionais vinculados ós seus clubes ou entidades deportivas en virtude de relación laboral de carácter especial.
  • Traballadores cuxa actividade sexa a intervención en operacións mercantís sen asumir o risco e ventura de aquelas (sería o caso dos representantes de comercio).
  • Traballadores con relacións laborais de carácter especial a que se refire o Estatuto dos Traballadores, distintas das mencionadas nos anteriores.
  • O FOGASA non protexe nin ós traballadores ó servizo do fogar familiar nin ós socios traballadores das cooperativas de traballo asociado e das cooperativas de explotación comunitaria da terra.

¿Que contías aboa o FOGASA?

En todo caso, as contías que aboa o FOGASA teñen uns topes máximos. Se a débeda supera ditos topes, a empresa responderá do exceso directamente ante os traballadores.

Salarios:

  • Abono ós traballadores dos salarios coas súas pagas extraordinarias, incluídos os de tramitación, pendentes de pago por declaración de insolvencia ou procedemento concursal da empresa. A cantidade máxima a aboar polo FOGASA é a que resulta de multiplicar o salario diario do traballador, con un máximo do dobre do salario mínimo interprofesional diario vixente, coa prorrata das pagas extras, polo número de días pendentes de pago, con un máximo de cento vinte días.

Indemnizacións:

  • Abono ós traballadores das indemnizacións recoñecidas como consecuencia de sentenza, auto, acto de conciliación xudicial ou resolución administrativa a favor dos traballadores a causa de despido ou extinción dos contratos conforme ós artigos 50, 51 e 52 do Estatuto dos Traballadores e artigo 64 da Lei 22/2003, de 9 de xullo, Lei Concursal, así como as indemnizacións por extinción de contratos temporais ou de duración determinada nos casos que legalmente procedan. En tódolos casos co límite dunha anualidade, sen que o salario diario, base do cálculo, poda exceder do dobre do salario mínimo interprofesional vixente, incluíndo a parte proporcional das pagas extraordinarias.
  • O importe da indemnización, ós únicos efectos de abono polo FOGASA para os casos de despido ou extinción dos contratos por vontade do traballador mediando causa xusta, calcularase sobre a base de trinta días por ano de servizo.

Excepcións:

A Autoridade Laboral que constate a forza maior poderá acordar que a totalidade ou unha parte da indemnización que corresponda ós traballadores afectados pola extinción dos seus contratos sexa satisfeita polo FOGASA, sen prexuízo do dereito deste a resarcirse do empresario, agás no caso de que os traballadores  beneficiarios constitúan unha sociedade laboral ou unha cooperativa á que lle sexan aplicables as normas fixadas para os socios traballadores das cooperativas de traballo asociado.

¿Que límites se fixan?

O Salario Mínimo Interprofesional diario para o ano 2017 quedou fixado en 23,59 euros, polo que os límites para este ano son os seguintes:

  • Límite Salarios: 6.592,80 EUROS
  • Límite Indemnizacións: 20.053,10 EUROS

¿Que indemnizacións quedan fóra do ámbito de protección do FOGASA?

  • As indemnizacións recoñecidas en conciliación administrativa, agás as derivadas do expediente de regulación de emprego, en canto que o acordado na mesma só ten forza executiva entre as partes que interveñen.
  • Outras exclusións: Os pluses de distancia, transporte, vestiario, quebranto de moeda, desgaste de útis e ferramentas, dietas, complementos de incapacidade temporal e calquera outro de natureza indemnizatoria.

¿Como se tramitan as súas prestacións?

 O procedemento de solicitude de prestacións ó FOGASA poderá iniciarse de oficio, por acordo da Secretaría Xeral ou da Unidade Administrativa Periférica correspondente, ou a instancia dos interesados ou dos seus representantes.

¿Cal é o prazo de solicitude?

  • Un ano contado dende a data da Acta de Conciliación, Sentenza, Resolución da Autoridade Laboral ou Resolución xudicial complementaria.
  • Un ano dende a data de efectos da notificación do despido colectivo ou obxectivo (artigos 51 e 52 do Estatuto dos Traballadores e artigo 64 Lei Concursal) no caso de solicitar a prestación de 8 días por ano de servizo, polos traballadores de empresas de menos de vinte e cinco traballadores.
  • Dito prazo interromperase polo exercicio das accións executivas ou de recoñecemento dos créditos no procedemento concursal, así como polas demais formas admitidas en Dereito.
No Comments

Post A Comment

Centro de preferencias de privacidad

Cookies imprescindibles

Se usan para almacenar tus preferencias de privacidad.

gdpr

Cookies de terceros

Usamos cookies de terceros en las que se almacenan externamente para conocer tus usos de navegación.

_ga, _gat, _gid
_ga, _gat, _gid