A CAPTACIÓN DE FOTOGRAFÍAS NOS LOCAIS DE OCIO E A SÚA DIFUSIÓN A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS.

fotografias redes sociais

01 Abr A CAPTACIÓN DE FOTOGRAFÍAS NOS LOCAIS DE OCIO E A SÚA DIFUSIÓN A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS.

Con ocasión da primeira entrada do noso blog, que versaba sobre os aspectos xurídicos da publicación das fotografías dos menores nas redes sociais, recibimos diversas invitacións animándonos a tratar temas relacionados como o da legalidade das fotografías tomadas polos propios donos ou empregados dos locais de ocio, tales como discotecas e pubs, e a súa posterior difusión como reclamo publicitario a través de internet en xeral e das redes sociais en particular.

O elemento capital que determinará a legalidade ou a ilegalidade, tanto da captación das fotografías, como da súa difusión, é o consentimento ou a falta do mesmo por parte das persoas fotografadas.

En canto á existencia de consentimento na captación de imaxes, o noso Tribunal Supremo ven entendendo que o mesmo concorre cando a persoa fotografada posa ante a cámara ou cando, sabendo da toma da fotografía, non se opón á mesma mostrando dalgún xeito a súa desconformidade. E, dado que estes locais de ocio son lugares públicos, se ben de titularidade privada, tamén serían válidas as fotografías tomadas nos mesmos sempre e cando no local se informe, de xeito suficientemente visible e accesible para calquera cliente, da realización de tales fotografías así como de todos os datos precisos para que os afectados podan exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición.

E o consentimento non só debe prestarse para a captura da imaxe, senón que tamén é preciso, incluso de xeito máis reforzado, para a súa difusión e publicación posterior, debéndose informar do medio (páxina web, rede social, etc.) no que se expoñerá a fotografía, o uso e finalidade da mesma e novamente todos os requisitos esixidos pola Lei de Protección de Datos para o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición.  O contrario podería constituír unha intromisión ilexítima no dereito á propia imaxe e, segundo o caso, unha vulneración do dereito á intimidade persoal, ámbolos dous dereitos protexidos directamente pola nosa Constitución.

Os únicos casos nos que non é preciso o consentimento á hora de realizar e difundir unha fotografía son os seguintes:

– persoas públicas en acto público ou en lugar aberto ó público e

– cando se trate de fotografías que reproduzan información gráfica sobre un feito de interese público e a imaxe persoal apareza como accesoria e secundaria.

Nos restantes casos, prescindir do consentimento da persoa fotografada supón que esta poda iniciar accións legais ó respecto e acudir á vía xudicial solicitando o cese da publicación e unha indemnización polos danos morais ocasionados. E a maiores da vía xudicial o afectado tamén ten ó seu alcance a vía administrativa, mediante denuncia ante a Axencia Española de Protección de Datos con competencias sancionadoras na materia.

No Comments

Post A Comment

Centro de preferencias de privacidad

Cookies imprescindibles

Se usan para almacenar tus preferencias de privacidad.

gdpr

Cookies de terceros

Usamos cookies de terceros en las que se almacenan externamente para conocer tus usos de navegación.

_ga, _gat, _gid
_ga, _gat, _gid