PENSIÓN DE FAVOR DE FAMILIARES. BENEFICIARIOS E REQUISITOS.

pension de favor familiares

08 Jun PENSIÓN DE FAVOR DE FAMILIARES. BENEFICIARIOS E REQUISITOS.

A PENSIÓN DE FAVOR DE FAMILIARES é unha prestación da Seguridade Social que ten por finalidade atender á situación de necesidade económica na que quedan determinados familiares, como consecuencia do falecemento do causante, en atención ás circunstancias de convivencia e carencia de ingresos. Trátase dunha compensación á situación de desamparo que a morte do familiar provoca.

Terán dereito a esta pensión os seguintes familiares:

  • Netos e irmáns, orfos de pai e nai, sempre que na data do falecemento sexan:
    • Menores de 18 anos ou maiores que teñan reducida a súa capacidade de traballo nunha porcentaxe valorada en grado de incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez.
    • Menores de 22 anos, cando non realicen un traballo lucrativo ou cando, realizándoo, os ingresos obtidos, en cómputo anual, non superen o límite do 75% do SMI que se fixe en cada momento, tamén en cómputo anual.
  • Nais e avoas viúvas, solteiras, casadas cuxo marido sexa maior de 60 anos ou se atope incapacitado para o traballo, separadas xudicialmente ou divorciadas.
  • Pais e avós con 60 anos cumpridos ou incapacitados para todo traballo.
  • Fillos e irmáns de pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente, na súa modalidade contributiva, ou de aqueles traballadores que ao falecer reunían os requisitos para o recoñecemento do dereito á pensión de xubilación ou de incapacidade permanente (expediente de incapacidade permanente pendente de resolución), homes ou mulleres, maiores de 45 anos, que se atopen solteiros, viúvos, separados xudicialmente ou divorciados, sempre que acrediten dedicación prolongada ao coidado do causante.

 

Tódolos beneficiarios deberán cumprir, ademais, os seguintes REQUISITOS:

  • Ter convivido co causante e ás súas expensas con 2 anos de antelación ao falecemento de aquel ou dende a morte do familiar co que conviviran, se esta se producira dentro de dito período.
  • Non ter dereito a pensión pública.
  • Carecer de medios de subsistencia, por ter ingresos económicos iguales ou inferiores ao SMI, e de familiares con obriga e posibilidade de prestarlles alimentos, conforme ao Código Civil. Son familiares con esta obriga os cónxuxes, ascendentes e descendentes.

 

Non son poucos os casos nos que a Seguridade Social denega estas pensións cando o solicitante se atopa de alta nalgún réxime da Seguridade Social, ou ben ten familiares obrigados a prestar alimentos que desenrolan traballo por conta propia ou allea. Sen embargo, aínda así, sempre que os ingresos netos que o solicitante percibe non alcancen o SMI, terá dereito a esta pensión. Do mesmo xeito, aínda que os familiares do solicitante con obriga a prestar alimento perciban ingresos, cando estes, no seu importe neto e descontadas as cargas ás que deban facer fronte, non alcancen tal contía que permita asignar ó solicitante unha cantidade igual o superior ó SMI, entendese que tales ingresos non son suficientes para entender acreditado que a persoa obrigada a prestar alimentos teña a posibilidade de prestalos, xa que non alcanzaría cos posibles alimentos prestados polo parente obrigado o mínimo vital de subsistencia, que vén referido polo SMI.

Moitos destes casos veñen obtendo resposta favorable na vía xudicial, con sentenzas que obrigan ó Instituto Nacional da Seguridade Social a aboar aos beneficiarios a correspondente pensión, cos atrasos e os xuros legais.

 

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn
No Comments

Post A Comment

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR