
25 Feb A PUBLICACIÓN DE FOTOGRAFÍAS DE FILLOS MENORES EN REDES SOCIAIS. ASPECTOS XURÍDICOS.
Na actual era dixital na que vivimos xa a ninguén lle sorprende ver fotografías de menores pululando por internet; de feito, son moitos os pais que non dubidan en colgar fotos da vida diaria dos seus fillos nas redes sociais. E o que se intúe como un acto cotiá e sen transcendencia, pode derivar nun conflito que incluso faga precisa a intervención dun xuíz.
A publicación de fotografías de menores por parte dos proxenitores é legal sempre e cando non danen a intimidade, a dignidade e a honra do menor; baixo esas premisas ningún problema existe se ámbolos proxenitores se atopan de acordo na súa publicación ou se esta é consentida polo propio menor cando o mesmo sexa maior de catorce anos.
Sen embargo, a cuestión gaña complexidade naqueles casos de pais divorciados ou separados ou en situación de crises matrimoniais e de parella, posto que para a publicación de fotografías dos fillos menores de catorce anos se fará preciso o acordo dos dous proxenitores, e en caso de discrepancia o interesado deberá solicitar a oportuna autorización xudicial.
A nosa lexislación esixe que a publicación de imaxes de menores debe ser consentida por quen ostente a representación legal do menor que, por regra xeral e salvo determinadas circunstancias excepcionais, corresponde a ambos proxenitores en canto que titulares da patria potestade.
A Audiencia Provincial de Pontevedra xa tivo ocasión de pronunciarse ó respecto nunha sentenza ditada en xuño do pasado ano, na que conclúe que o proxenitor que pretenda a publicación de fotos de fillos menores nas redes sociais deberá contar previamente co consentimento do outro proxenitor e, de opoñerse este, poderá acudir á vía xudicial en orde á súa autorización.
Así pois, o que ata o de agora era un tema controvertido comeza a esclarecerse na práctica xudicial.
No Comments