
21 Jul COMO SAÍR DUN FICHEIRO DE MOROSOS.
Caer nun ficheiro de morosos é doado, pero saír, en ocasións é un auténtico quebranto de cabeza.
A inclusión dentro dun ficheiro de morosidade esixe unha serie de requisitos inescusables: identificación do acredor, identificación do debedor e que se achegue por parte do acredor cantos títulos impagados, certos e esixibles, teña no seu poder. No momento no que se inclúa no rexistro, o responsable do ficheiro deberá notificar persoalmente ó afectado da inclusión nun prazo máximo de trinta días.
Toda persoa incluída nun ficheiro no que se trate de forma automatizada datos relativos ó cumprimento ou incumprimento de obrigas tributarias, pode exercitar ante o responsable do ficheiro o seu dereito de rectificación ou cancelación. O responsable do ficheiro deberá comunicalo á entidade que tiña facilitado eses datos para que conteste no prazo de cinco días a esa solicitude de rectificación ou cancelación. Se transcorridos eses cinco días sen que a entidade dea resposta, o responsable do ficheiro deberá proceder á rectificación ou cancelación cautelar nun prazo de dez días.
Se considera que se vulneraron os seus dereitos cunha inscrición deste tipo ou, se a pesar de saldar a débeda, a inscrición non desaparece, denuncie ante a Axencia Española de Protección de Datos. As multas por incluír de xeito irregular nun ficheiro van dende os 900 ata os 60.000 euros.
Ademais das entidades financieiras e compañías de servizos, tamén teñen acceso a estes ficheiros calquera sociedade subscrita ós mesmos.
A inscrición dunha débeda nun ficheiro deste tipo ten unha duración máxima de seis anos. Pasado ese prazo, a inscrición deberá ser eliminada do ficheiro aínda que o debedor non procedese ó pago. Pero saiba que durante eses seis anos se lle cerrarán as portas das entidades bancarias de cara a obter financiación.
No Comments