06 Oct QUE FACER ANTE UN DESPIDO. CONSELLOS PRÁCTICOS.
En moitas ocasións, cando un traballador vai ser despedido, non sabe como actuar ante esa situación, descoñecendo se o despido e finiquito son correctos e se pode reclamar fronte á decisión empresarial.
Por iso, desenrolamos unha serie de consellos básicos para actuar adecuadamente chegado ese caso:
- Ante a entrega da carta de despido, o traballador debe lela tranquilamente e revisar se a mesma contén a data correcta, en cuxo caso pode firmala, pero facendo constar xunto á firma a expresión “non conforme” e poñendo a data na que a recibe. A firma non implica conformidade, senón soamente que o traballador se da por notificado nesa data.
- Antes de firmala, o traballador debe esixir que se lle entregue unha copia da carta de despido, comprobando que o contido da copia e do orixinal coincidan.
- O finiquito é o documento de saldo e liquidación onde figuran as contías que a empresa adebeda ó traballador. Este documento non se debe firmar, pois normalmente contén unha cláusula pola que o traballador se declara saldado e renuncia a toda reclamación. En todo caso, de firmalo, sempre se debe facer constar a expresión de “non conforme” e “non aboado”.
- A continuación, o traballador debe asesorarse se o despido é correcto ou se, pola contra, pode ser declarado improcedente ou nulo, a fin de reclamar as correspondentes indemnizacións ou a readmisión, segundo o caso, así como se as cantidades salariais son correctas ou inferiores ó que legalmente lle corresponde.
Lembramos que, ante un despido, o prazo do que dispón o traballador para impugnalo, é de vinte días dende que se produce o mesmo. Dito prazo cóntase por días hábiles, sen computar os sábados, domingos nin festivos. Pasado dito prazo sen terse impugnado o despido, xa non se poderá actuar contra o mesmo.
Asemade, cómpre ter en conta que o traballador poderá empregar como proba perante os xulgados, gravacións de conversas mantidas co empresario, sempre que o propio traballador participe na conversa.
No Comments