HERDANZA CON DÉBEDAS? A ACEPTACIÓN A BENEFICIO DE INVENTARIO E O DEREITO DE DELIBERAR.

29 Sep HERDANZA CON DÉBEDAS? A ACEPTACIÓN A BENEFICIO DE INVENTARIO E O DEREITO DE DELIBERAR.

Cando se causa dereito a percibir unha herdanza é importante, antes de proceder á súa aceptación ou á súa renuncia, coñecer a situación económica da mesma, é dicir, o valor dos bens que a conforman así como se existe algunha carga ou débedas.

Naqueles casos nos que exista pasivo e débedas de valor relevante que fagan dubidar de se a herdanza resulta ou non antieconómica, o herdeiro dispón de dúas figuras xurídicas ás que poder acudir: a aceptación da herdanza a beneficio de inventario e o dereito de deliberar.

Existen dúas formas de aceptación dunha herdanza: a aceptación pura e simple e a aceptación a beneficio de inventario. Coa aceptación pura e simple, que é a habitual, o herdeiro recibe os bens da herdanza xunto coas débedas existentes, polas cales responderá persoalmente, isto é, co seu propio patrimonio. Pola contra, a aceptación a beneficio de inventario implica que o herdeiro queda obrigado a pagar as débedas e cargas da herdanza pero só ata onde alcancen os bens da mesma, sen que en ningún caso se vexa comprometido o seu patrimonio particular. Coa aceptación a beneficio de inventario o que se pretende é que se liquide a herdanza, que se confeccione un inventario mediante a determinación do activo e do pasivo, procedendo ó pago ós acredores e con adxudicación do sobrante ó herdeiro.

Outra opción que contempla o noso ordenamento xurídico é o dereito de deliberar, en virtude do cal o herdeiro pospón a aceptación ou renuncia da herdanza a un momento posterior para que, con carácter previo, se proceda á formación do inventario a fin de ter un coñecemento exacto do activo e do pasivo que integra a herdanza e, tras iso, decidir se acepta ou se renuncia.

En canto ós tramites, tanto a aceptación da herdanza a beneficio de inventario como o exercicio do dereito de deliberar deberán realizarse ante Notario e poderán solicitarse por calquera dos herdeiros.

Aconsellamos, pois, que antes de aventurarse a renunciar ou a aceptar unha herdanza se teñan en conta e se valoren estas dúas opcións, a aceptación a beneficio de inventario e o dereito de deliberar, que se ben non resultan moi coñecidas, son as únicas vías que garanten ós herdeiros poder percibir unha herdanza libre de débedas.

No Comments

Post A Comment

Centro de preferencias de privacidad

Cookies imprescindibles

Se usan para almacenar tus preferencias de privacidad.

gdpr

Cookies de terceros

Usamos cookies de terceros en las que se almacenan externamente para conocer tus usos de navegación.

_ga, _gat, _gid
_ga, _gat, _gid