08 Sep MULTAS DE RADAR. A NON APLICACIÓN DAS MARXES DE ERRO POR PARTE DA DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO.
Novas sentenzas ditadas polos Tribunais da cidade de Lugo poñen de manifesto, unha vez máis, que a Dirección Xeral de Tráfico non está a aplicar as marxes de erro ás lecturas efectuadas polos radares. A pesares dos numerosos precedentes xudiciais na materia, Tráfico continúa a notificar as multas sen minorar da lectura emitida polo radar as marxes de erro previstas na actual normativa a tal efecto.
As marxes de erro son distintas segundo o tipo de radar do que se trate (fixo ou móbil), a clase de certificación ó amparo da que se atope en funcionamento o concreto radar (en exame de modelo ou verificación de produto, verificación tras reparación ou modificación e verificación periódica) e a velocidade do vehículo.
Compartimos as marxes de erro aplicables a cada caso:
1.- Radar en funcionamento ó amparo de certificado de verificación periódica.
Instalación fixa ou estática |
Instalación móbil | |
Velocidade ≤ 100km/h |
-5km/h |
-7km/h |
Velocidade > 100km/h | -5% |
-7% |
2.- Radar en funcionamento ó amparo de certificado de verificación tras reparación ou modificación.
Instalación fixa ou estática |
Instalación móbil | |
Velocidade ≤ 100km/h |
-4km/h |
-6km/h |
Velocidade > 100km/h | -4% |
-6% |
3.- Radar en funcionamento ó amparo de exame de modelo e verificación de produto.
Instalación fixa ou estática |
Instalación móbil | |
Velocidade ≤ 100km/h |
-3km/h |
-5km/h |
Velocidade > 100km/h | -3% |
-5% |
Así pois, da lectura efectuada polo radar, e que aparece na marxe superior da fotografía, deberase restar directamente a cifra que resulte en cada caso para saber a velocidade real á que circula o vehículo. En caso contrario, estarásenos sancionando por unha velocidade superior.
No Comments