A PLANTACIÓN E REFORESTACIÓN CON EUCALIPTOS. AS RESTRICIÓNS E SANCIÓNS NA ACTUAL NORMATIVA AUTONÓMICA.

20 Oct A PLANTACIÓN E REFORESTACIÓN CON EUCALIPTOS. AS RESTRICIÓNS E SANCIÓNS NA ACTUAL NORMATIVA AUTONÓMICA.

Nos últimos tempos estase a constatar un aumento de procedementos sancionadores iniciados pola Xunta de Galicia en relación ás plantacións e reforestacións con eucaliptos. Trala entrada en vigor da actual Lei de Montes aumentaron as restricións para a plantación de eucaliptos, tanto no referente ás distancias a respectar, como no relativo ás características do terreo obxecto de plantación. Así pois, naqueles casos nos que a plantación non cumpra os requisitos esixidos na normativa vixente córrese o risco de que se inicie un procedemento sancionador.

As novas repoboacións forestais deben respectar as seguintes distancias mínimas:

▪ 2 metros con parcelas forestais;

▪ 10 metros con terreos de especial protección agropecuaria;

▪ 10 metros con zonas de labradío, cultivo, prados ou pastos;

▪ 10 metros con autovías, autopistas, corredores, vías rápidas e estradas convencionais ou vías férreas;

▪ 4 metros con pistas forestais, que serán 6 metros nos concellos declarados como zona de alto risco;

▪ 5 metros dos postes, torres e outras infraestruturas eléctricas;

▪ 15 metros de canles fluviais;

▪ 30 metros con edificacións;

▪ 50 metros con gasolineiras, cámpings, industrias ou instalacións que desenrolen actividades perigosas.

Por outra banda atópanse prohibidas as reforestacións e novas plantacións co xénero “eucalyptus” nas superficies poboadas por especies tales como as frondosas caducifolias (carballos, castiñeiros, bidueiros, ameneiros, nogais, etc.) ou as coníferas (piñeiros).

Igualmente esíxese autorización da Administración forestal para aquelas novas plantacións de eucaliptos superiores ás 5 hectáreas.

En canto ás plantacións en terreos rústicos de uso agrícola, unicamente se atopan permitidas cando se trate dun terreo en estado de manifesto abandono e que se atope adscrito a un banco de terras agrarias ou instrumento semellante por un período mínimo de dous anos, e sempre que medie previa comunicación á Administración forestal e que se trate de terreo que linde con terreos forestais ou de alomenos cinco hectáreas, sempre que se utilicen frondosas caducifolias.

O incumprimento de calquera destes requisitos supón, coa actual normativa, a comisión dunha infracción permanente, cuxos efectos perduran no tempo e non finalizan ata que cesa a situación infractora, aspecto non pouco intranscendente, posto que ós efectos da prescrición os prazos non comezan a computar ata que se poña fin á situación infractora.

Polo que se refire ás sancións, estas abarcan contías que van dende os 100 euros ata os 100.000 euros, segundo a súa gravidade. Non obstante, na práctica, cando se inicia un procedemento sancionador nesta materia, a Administración está a conceder un prazo para repoñer a situación á legalidade, mediante a tala ou retirada dos pés plantados, quedando finalizado o procedemento sen imposición de sanción no caso de dar cumprimento a ese requirimento previo.

No Comments

Post A Comment

Centro de preferencias de privacidad

Cookies imprescindibles

Se usan para almacenar tus preferencias de privacidad.

gdpr

Cookies de terceros

Usamos cookies de terceros en las que se almacenan externamente para conocer tus usos de navegación.

_ga, _gat, _gid
_ga, _gat, _gid