REXISTRO DE CONTROL DA XORNADA ORDINARIA DOS TRABALLADORES.

16 Jun REXISTRO DE CONTROL DA XORNADA ORDINARIA DOS TRABALLADORES.

Unha das campañas abertas pola Inspección de Traballo é a comprobación de se polas empresas se está a levar un rexistro específico de control da xornada ordinaria dos traballadores, sexan a tempo parcial ou a tempo completo.

Esta obriga de rexistrar día a día a xornada realizada polos traballadores xa existía en relación ós contratos a tempo parcial, así como para as horas extraordinarias. Agora, a máis recente Xurisprudencia ven entendendo que o cumprimento desa obriga de rexistro das horas extraordinarias só é posible se se dispón dun rexistro da xornada diaria completa de cada traballador, porque só así se determina a xornada efectivamente realizada, de tal xeito que permita discriminar que horas son ordinarias e cales son extraordinarias.

Non hai un modelo oficial de rexistro de control da xornada; cada empresa deberá confeccionar un propio no que se contemple a identificación da empresa e do traballador, especificación da xornada de traballo estipulada no contrato de traballo, detalle das horas laborais ordinarias, complementarias e extraordinarias, realizadas, desglosadas por cada día de traballo, firma diaria do traballador, hora de entrada e saída do centro de traballo e firma do representante legal da empresa.

Que sancións conleva o incumprimento? O incumprimento desta obriga constitúe unha infracción leve en materia laboral, que pode sancionarse con multa de 60 a 625 euros. Se da levanza de dito rexistro se constatase a transgresión dos límites da xornada, horas extras e complementarias, considerarase unha infracción grave, sancionable con multa de 626 a 6.250 euros. Ademais, o feito de non dispor de tal rexistro no caso de traballadores a tempo parcial implicará que o contrato se presumirá realizado a xornada completa.

Por último convén ter en conta que os rexistros de xornada deben conservarse durante alomenos catro anos.

No Comments

Post A Comment

Centro de preferencias de privacidad

Cookies imprescindibles

Se usan para almacenar tus preferencias de privacidad.

gdpr

Cookies de terceros

Usamos cookies de terceros en las que se almacenan externamente para conocer tus usos de navegación.

_ga, _gat, _gid
_ga, _gat, _gid